miércoles, 7 de diciembre de 2011

Penélope

Un paso adiante i outro atrás, Galiza,
i a tea dos teus sonos non se move.
A espranza nos teus ollos se esperguiza.
Aran os bois e chove.

Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mól coma unha uva.
Pro tí envólveste en sabas de mil anos,
i en sonos volves a escoitar a chuva.

Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, Xesús María!,
e toda a cousa ha de pagar seu desmo.

Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
Un paso adiante i outro atrás, Galiza!


DÍAZ CASTRO, Xosé María, Nimbos, Vigo, Editorial Galaxia, 1961.

sábado, 8 de octubre de 2011



Inauguramos este espazo tecido a través da rede. Cruceiros de fíos, alfinetes, labirintos, nobelos, puntos, arañeiras.
Un lugar, quizais, onde todo encaixe.